Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ II. Un paseo pola historia

terceiroa — 15-11-2009 GTM 1 @ 23:06

Visita a nosa exposición xunto á biblioteca.

CASAS DE AQUÍ E DE ACOLÁ. Un paseo pola historia

terceiroa — 15-11-2009 GTM 1 @ 22:30

Queres coñecer como vivían os nosos antepasados? Ao mellor queres saber como era a vida na época dos castelos? Non, non, igual queres saber cales son as novas tendencias na arquitectura actual? Ou,.. como serán as vivendas do futuro?
Ven de paseo connosco e aprenderás moitas cousas interesantes!!!

CHEGA O SAMAÍN 2009!!!!!!

terceiroa — 30-10-2009 GTM 1 @ 20:30

Esta semana imos celebrar o III concurso de cabazas CEIP BERGANTIÑOS. Ide preparando os aparellos e mans ás cabazas. Lembrade as normas do concurso e que haxa sorte. Alguén me dixo que ía a haber agasallos para todos.... Schhhhssssssssssssssss.

Tempo de outono no CEIP BERGANTIÑOS

terceiroa — 16-10-2009 GTM 1 @ 15:27

turgalicia.jpgEsta semana tivemos  no colexio unha exposición ben interesante:

TEMPO DE OUTONO: OS COGOMELOS

Sabela, unha alumna de 6º curso trouxo unha mostra  de diferentes tipos e fixo unha brillante exposición das características máis importantes de cada un. Despois na entrada do cole todo o mundo puido observar os cogomelos e as súas características nos paneis colocados a tal fin.

Esta claro que cada vez hai máis  interese polos cogomelos  e cada vez son máis as persoas que saen a collelos co grande risco de que alguén apañe e coma  cogomelos tóxicos, ás veces por decoñecer ou desprezar as graves consecuencias dunha intoxicación, outras pola falta de experiencia para distinguir con toda seguridade os comestibles daqueles que non o son ou por confiar en falsas probas de que son comestibles.

O recoñecemento dos cogomelos é producto dun coidado e minucioso exame dos distintos exemplares, así como da experiencia acumulada despois de moitas saídas ao monte. Dado que o aspecto dun fungo pode variar por motivos moi variados como a choiva, o sol, a calor, é importante ter visto os mesmos cogomelos en distintas condicións para realizar unha precisa indentificación.

TES AS FOTOS E  MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ARQUIVOS ...

 

O AIRE

terceiroa — 14-10-2009 GTM 1 @ 14:08 Tags:

Nestes enlaces poderás aprender moitas cousas sobre a Atmósfera, o aire, o vento, os climas,... Entra e verás.
http://www.educaplus.org/climatic/08_sat_interpretacion.html

http://centros3.pntic.mec.es/cp.la.canal/clima/clima.htm

Os castros

terceiroa — 13-10-2009 GTM 1 @ 20:16 Tags:

images1.jpg

Desfruta lendo o conto.

http://www.aaviladonga.es/conto.htm

http://www.aaviladonga.es/conto.htm

O SISTEMA SOLAR

terceiroa — 18-09-2009 GTM 1 @ 15:09 Tags:

sistema-solar1.jpg

Como acabamos de estudar o Sistema Solar deixovos unha páxina onde poderedes repasar e aprender novas cousas!


http://www.ign.es/ign/home/flash/mi_amiga_la_tierra/home.swf

XA SOMOS A CLASE DE 4º A!!!

terceiroa — 09-09-2009 GTM 1 @ 14:49

RockYou FXText

Ola de novo! Comezamos un novo curso e agora xa estamos en cuarto!!!
Buffff!!! Como pasa o tempo, verdade? Pasiño a pasiño imos camiñando polo Colexio Bergantiños, atopando novos amig@s, coñecendo novos prof@s,etc. Ese ano temos novidades, xa veredes! Novos compañeiros e compañeiras aos que damos a benvida, novos profes, e moito máis que iredes descubrindo pouco a pouco.

1landscape1310-thumb.jpg

Ah!!! Ide pensando que este ano imos traballar sobre a VIVENDA. Recollede fotos, recortes de revistas e todo o que se vos ocurra para que vaia collendo forma, igual que a pintura o ano pasado.

Vémonos mañá!